CURSO DE INICIACIÓN Á COMPOSTAXE
Amigos da Terra organiza un novo curso no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, que nesta ocasión abordará o tema da compostaxe.
Falarase detalladamente dos procesos necesarios para face-lo compost e das variadas técnicas e tipos que podemos atopar, non só de forma teórica senón tamén mediante a realización de distintos obradoiros.
Asemade, empresarios e técnicos do sector contarán a súa experiencia ca compostaxe e das posibilidades que ésta ofrece nos actuais sistemas de xestión de residuos.
Duración do curso: 40 horas
Datas: 7, 8, 9, 14, 15 e 16 de outubro
Lugar: Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas" (www.ascorcerizas.com), Serra de San Mamede. Concello de Vilar de Barrio (Ourense)
Data límite de inscrición: 23 de setembro
Número de prazas limitadas. A realización do curso está condicionada a un nº mínimo de 20 persoas que formalicen a inscrición no mesmo.
Financiamento: Consellería do Medio Rural
Aquelas persoas que asistan como mínimo ao 70% das horas do curso, recibirán un certificado/diploma de asistencia recoñecido pola Xunta de Galicia.
O curso é de balde para os asistentes (non se inclúe desprazamento, aloxamento nin manutención).
O Centro ofrece aloxamento e comida a un prezo de 100 euros, no que se inclúen 4 noites, 4 almorzos, 4 xantares e 4 ceas.
Máis información e inscricións en:
Amigos da Terra Galicia
R/ Curros Enríquez 19, 1º interior
Teléfono: 988 374 318
Fax: 988 511 020
www.amigosdaterra.net
Persoa de contacto:
Raquel Fernández
raquel.fernandez@centroiris.org
Curso de compostaje
Moderadores: Panoramix, biomana
-
- TEMAS RELACIONADOS CON Curso de compostaje
Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 7 invitados